Benvido/a!
Este é o teu espazo seguro, o teu punto de partida
Soy Cristina, psicóloga sanitaria, y ofrezco terapia online y terapia presencial en Lugo y Santiago de Compostela

Se chegaches ata aquí, quizais algo dentro de ti está a pedir un cambio
Pode que te sintas perdido/a. Pedir axuda non é doado, e comezar un proceso terapéutico adoita vir acompañado de dúbidas, medos e incerteza. Quero que saibas que o que estás a sentir é válido e forma parte do proceso de cambio.
O meu obxectivo é ofrecerche un espazo seguro onde poidas comprender o que che está a suceder, explorar as túas emocións e avanzar no camiño cara ao teu benestar.
Se decides comezar este proceso comigo, estarei encantada de acompañarte

Sobre min
Son Cristina, psicóloga sanitaria colexiada
Acompaño persoas que buscan comprender mellor as súas emocións, afrontar dificultades, mellorar a súa autoestima e avanzar cara a un maior benestar.
Traballo tanto en liña como presencial, sempre ofrecendo un espazo seguro, acolledor e libre de xuízos.
Intereseime pola psicoloxía por dúas razóns principais
Por unha banda, a curiosidade por comprender como pensamos, sentimos e nos relacionamos co mundo.
Por outra, o desexo de acompañar ás persoas nas etapas difíciles das súas vidas.
Ao longo da miña experiencia profesional
Aprendín a acompañar a vulnerabilidade humana con respecto, proximidade e sensibilidade, creando un espazo terapéutico no que o cambio poida darse ao ritmo de cada persoa.
Traxectoria e formación
Tiven a oportunidade de aprender de grandes profesionais e de acompañar persoas con historias de vida e necesidades moi diversas
O meu percorrido profesional
Ao longo da miña carreira combinei os meus estudos co traballo en diferentes centros, exercendo tanto como psicóloga, como directora terapéutica.
Tiven a oportunidade de aprender de grandes profesionais e de acompañar persoas con historias de vida e necesidades moi diversas, o que me permitiu enriquecer a miña práctica e comprender mellor as diferentes realidades das persoas.

A base da miña formación é a Terapia Cognitivo-Conductual (TCC). Non obstante, a miña experiencia profesional permitiume coñecer, explorar e nutrirme de diferentes correntes terapéuticas.
Cada persoa e a súa historia de vida son únicas, por iso ofrezo unha terapia dende unha mirada integradora, adaptándome ás necesidades, características e circunstancias de cada persoa, procurando sempre o seu benestar.
Formación
O que estudei para estar aquí contigo
Antes de chegar á consulta, hai moitas horas de estudo, práctica e reflexión. Esa formación tradúcese en como te escoito, te acompaño e busco contigo novas formas de relacionarte co que che pasa.

Os meus servizos
En que te podo axudar?
Ansiedade e estrés
Adiccións comportamentais
Dependencia emocional
Trastorno do espectro autista en adultos verbais
Problemas no traballo
Autocoidado
Estado de ánimo baixo
Problemas nas relacións interpersoais
Adiccións a substancias
Problemas de autoestima
Problemas de parella
Dificultades na toma de decisións
Podemos comezar aquí se o precisas
Quizais non teñas todas as respostas agora mesmo, e iso está ben. Se queres, podes escribirme e vemos, sen compromiso, como te podería axudar co que estás a pasar
- +34 694 30 26 32
- cristina.barrio.psicologia@gmail.com
- Lugo / Santiago de Compostela